Deporte Galego

Gonzalo García de Vitoria, guía para unha nova "Aula Formativa do Adestrador Galego"

  • 18 Novembro 2015 |
Gonzalo García de Vitoria, guía para unha nova "Aula Formativa do Adestrador Galego"
(Foto: COB)

A “Aula Formativa do Adestrador” continúa a cumprir o seu programa e activa unha nova convocatoria, desta volta a correspondente ao presente mes de novembro.

O adestrador do Ourense Provincia Termal en LEB Oro, Gonzalo García de Vitoria; será nesta ocasión o técnico encargado de guiar a sesión da “Aula” baixo o título "Evolución Práctica do Bloqueo Directo".

De Vitoria, colaborador activo sempre que a Área Deportiva FGB llo solicita, compartirá esta actividade didáctica con todos os adestradores que o desexen. A cita será o vindeiro domingo, 29 de novembro; no Polideportivo Municipal de Porriño (17:00 h). A posta en marcha desta nova convocatoria didáctica realizase ademáis co apoio do propio Concello de O Porriño e o club local Porriño Baloncesto Base.

Inscrición
A Aula Formativa do Adestrador Galego mantén o seu proceso de inscrición baixo o único requisito que deben cumprir todos os interesados: o envio dun email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando datos de identificación persoal, así como club de referencia e título da charla en cuestión.

Validación
Os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB volverán a ter a oportunidade de transformar a súa participación nesta “Aula” por un total de catro horas de formación individual complementaria. Como vén sendo habitual a súa presenza completa durante a actividade será obrigatoria para poder optar a esta posibilidade.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka