Deporte Galego

Seis relatores de luxo no III Clínic Unika “Desmontando ao adestrador axudante”

  • 09 Xuño 2015 |

(Info: Obradoiro CAB) O Rio Natura Monbus Obradoiro renova este verán a súa cita co Clínic Unika “Desmontando ao adestrador axudante”, que celebrará a súa terceira edición no Pabellón Santa Isabel (Santiago de Compostela) os días 11 e 12 de xullo, nesta ocasión organizado coa colaboración da Fundación Heracles e patrocinado por Unika Proxectos e Obras, que pasa a darlle nome.

A cita reunirá de novo a seis adestradores axudantes de talla internacional, para que outros adestradores axudantes ou de formación poidan aprender durante un fin de semana das súas leccións específicas. Unha actividade, en verbas de José Luís Mateo, Director Xeral do club santiagués, “consolidada e de gran nivel pola que pasaron xa máis de 200 adestradores”.

Víctor Pérez, adestrador axudante do Rio Natura Monbus Obradoiro, desgrana a lista de invitados a este: “Estarán tres axudantes de Liga Endesa como son Ángel S. Cañete (Unicaja), Jota Cuspinera (Laboral Kutxa Baskonia) e Jesús Sala (Montakit Fuenlabrada), que acabou a tempada sendo adestrador xefe. Estarán tamén Jenaro Díaz, actual campión da Eurocup co Khimki ruso, e César Rupérez, adestrador axudante do chinés Shanxi Xing Rui Flame, que dará presenza ao baloncesto feminino por primeira vez neste clínic. O invitado estranxeiro será nesta ocasión Federico Perego, do Brose Baskets alemán”.

Gonzalo R. Palmeiro, outro dos adestradores axudantes do Rio Natura Monbus Obradoiro recorda que esta actividade “é especial pola súa dedicación única ao adestrador axudante e vai desterrando aos poucos a idea de que o adestrador axudante teña unha soa faceta, a do scouting. Os invitados deste ano traen uns relatorios moi específicos e concretas de temas que eles tocan directamente nos seus postos de traballo, moi diferentes entre elas”, explicou.

Inscrición
A inscrición ao Clínic pode realizarse nas oficinas do club ou no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., enviando este formulario de inscrición xunto aos xustificantes de pago na conta ABANCA É92-2080-0375-1130- 4001- 6453 e de desconto, de ser o caso.

As tarifas son de 30 euros en prezo xeral ou 20 para abonados do club ou membros da Federación Galega de Baloncesto, os cales poderán validar tamén a súa participación por 10 horas da súa formación individual complementaria.  Indicar que para grupos de cinco inscritos do mesmo club, a un deles sáiralle gratis.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka