Deporte Galego

Xa está en marcha o I Clinic Blusens Monbus-FGB “Desmontando ao Adestrador Axudante”

  • 04 Xullo 2013 |

Blusens Monbus e a Federación Galega de Baloncesto (FGB) presentaron na mañá do mércores, en rolda de prensa, o I Clinic "Desmontando ao Adestrador Axudante", que se celebrará os dias 26 e 27 de xullo no polideportivo de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, coincidindo coas festas da cidade.

O cartel desta actividade, a primeira deste tipo que se realiza no territorio nacional, estará conformado polos seguintes adestradores:

- Hugo López (Real Madrid): "O scouting nun equipo que xoga dobre competición".
- Victor Pérez (Blusens Monbus): "O scouting do propio equipo".
- Chechu Mulero (Valencia Basket): "Técnica individual aplicada ao Pick and roll en xogadores exteriores".
- Gonzalo Rodríguez (Blusens Monbus): "Distribución de roles no corpo técnico", "Distribución do traballo en pista".
- Alessandro Magro (Montepaschi Siena): "Traballo individualizado enlazado co equipo".
- Miguel Calero (Asvel Villeurbanne): " Traballo para a mellora de técnica individual defensiva en novas promesas".

O director xeral do Blusens Monbus, José Luís Mateo, acompañado por Susana Fernández, Secretaria Xeral de Federación Galega de Baloncesto, e os adestradores axudantes, Victor Pérez e Gonzalo Rodriguez, explicaron todos os detalles sobre o evento.

"Estamos encantados de presentar unha actividade histórica porque en todos os cursos de adestradores, actividades de formación, campus, etcétera, normalmente trátanse temas relacionados co xogo, técnicos ou tácticos, e coa faceta do primeiro adestrador. Pero tamén existe un labor moi importante nos equipos, e máis no baloncesto actual, que é a dos adestradores axudantes, que cada vez teñen unha maior influencia sobre o xogo e o traballo dos equipos. Doutra banda, a figura do adestrador axudante supón unha excelente saída profesional para os técnicos que empezan. Hai poucas cadeiras de primeiro adestrador na elite e o posto de axudante pode ser un magnifico xeito de chegar todo o máis alto e de converter o baloncesto nunha forma de vida", afirmou Mateo.

Pola súa banda, a secretaria xeral da Federación Galega de Baloncesto, Susana Fernández, expresou as gañas que ten o organismo autonómico para que o curso funcione ben, por iso colabora activamente na súa organización."Só quero agradecer ao Blusens Monbus a posibilidade de colaborar neste clínic, do que esperamos que sexa unha referencia durante anos e agardamos que moitos adestradores galegos aproveiten a oportunidade", concluíu.

O adestrador axudante do Blusens Monbus, Víctor Pérez, resaltou a "oportunidade única en canto a que imos propoñer unha actividade distinta ás habituais, explicando un traballo que se adoita realizar na sombra e que o público en xeral non coñece ".

O seu compañeiro Gonzalo Rodríguez tamén tivo unhas palabras sobre o acontecemento no que participará en primeira persoa: "Existe unha oferta de cursos por todo o país centrada en aspectos técnicos e tácticos, pero criamos que faltaban por resolver certas cuestións en torno ao traballo dos adestradores axudantes, que son interesantes e que ninguén as explica. Van ser uns relatorios interesantes porque imos intervir adestradores que traballamos desde distintas perspectivas; cada un vive nunha realidade distinta e penso que se pode aprender moito".

INSCRICIÓNS
As inscricións ao curso poden realizarse de xeito presencial nas oficinas de Obradoiro CAB SAD, ou a través de internet vía correo electrónico á dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

O prezo do Clinic é de 20 € para o público en xeral, aínda que seguindo a liña habitual de descontos e vantaxes, os abonados do Blusens Monbus e adestradores principais federados pagarán 15 € e os accionistas e adestradores axudantes con licenza na Federación Galega de Baloncesto tan só 10 €.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka