Deporte Galego

Calidade e formación de referencia no "III Claustro Docente FGB"

  • 25 Maio 2015 |

A última etapa de cada temporada é sinónimo dun plus no ritmo da actividade formativa FGB. Se en xullo agardan os Cursos #adestradorgalego de Nivel 1 e Nivel 2 , o próximo día 13 do mes de xuño a Área de Adestradores da FGB proxecta un actividade previa de alto calado didáctico: o III Claustro Docente FGB.

Os técnicos galegos Moncho Fernández, Miguel Méndez, Miguel Ángel Hoyo e Diego Ocampo reuniranse o vindeiro 13 de xuño en A Coruña para, grazas a súa recoñecida traxectoria e constante capacidade de traballo ao máis alto nivel, ser guía e referencia do III Claustro Docente FGB.

Este “Claustro Docente”, que reúne no seu corpus base a un grande número de adestradores da Comunidade, regresa ao panorama formativo coa programación de diferentes sesións prácticas a cargo destes catro galegos de auténtico luxo para o noso Baloncesto e para os banquiños europeos.

A oportunidade de formarse cos mellores configúrase en torno a un calendario que encherá a xornada do 13 de xuño dun ambiente didáctico con extensión internacional e do que a FGB espera que formen parte un gran número de adestradores chegados de toda a Comunidade, así como de fóra das nosas fronteiras.

O programa, que se levará a cabo coa colaboración de Basquet Coruña, non deixa indiferente:

(11:00 h) Miguel Méndez (Familia Schio. Liga Feminina Italiana)

(12:15 h) Moncho Fernández (Rio Natura Monbus Obradoiro. Liga Endesa ACB)

(17:00 h)Miguel Ángel Hoyo (Horsholm 79´ers. Basketligaen. Dinamarca)

(18:45 h) Diego Ocampo (UCAM Murcia. Liga Endesa ACB)

Inscrición aberta
A oportunidade de ser parte activa de este III Claustro Docente FGB ábrese dende este mesmo luns a todos os adestradores galegos que o consideren. Baixo inscrición a través de mail, previo pago dunha cota de 10 euros, os técnicos galegos poderán ser testemuñas e partícipes das catro charlas ao completo. A inscrición formularase mediante o envío dun correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. No mesmo é preciso remitir datos persoais e xustificante de pago.

Validación Horaria
O proceso de validación formativa para os alumnos dos Cursos FGB 2014 repite proposta neste III Claustro Docente, contabilizando a asistencia ao mesmo por un total de 10 HORAS de formación individual complementaria. Así mesmo, en breves datas confirmarase a sede concreta da actividade, así como as cuestión temáticas de referencia nesta III edición.

(Nº Conta Ingreso – Inscrición III Claustro Docente: ES96 2100 1455 14 0200227406)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka