Deporte Galego

Carlos Maceiras regresa á "Aula Formativa do Adestrador Galego"

  • 22 Maio 2015 |

Carlos Maceiras, adestrador Superior e colaborador habitual da FGB en accións didácticas, volve a ser protagonista dunha sesión da “Aula Formativa do Adestrador Galego”, marco de actuación que coñece ben. A súa última presenza neste proxecto didáctico, realizada en Semana Santa, resultou todo un éxito.

A Área de Adestradores FGB conta unha vez máis con Carlos Maceiras,  técnico en Blanco Amor Ourense, para guiar unha nova convocatoria deste proxecto formativo, nesta ocasión escollendo Lugo como sede e marcando o vindeiro venres, 29 de maio; como data.

A partir das 18:30 h do indicado día, no Anexo ao Pazo Univesitario, Maceiras realizará unha completa intervención coa “Mellora da Percepeción e a Lectura en Iniciación” como eixo temático. A súa charla, que por suposto está aberta á participación de todos os técnicos galegos, servirá ademais como previa de excepción ao terceiro encontro dos Playoffs Finais Adecco Oro que nos brindarán C.B. Breogán e Club Ourense Baloncesto.

Inscrición e Validación Formativa
Respectando o proceder habitual de participación na "Aula Formativa do Adestrador Galego", os adestradores interesados en tomar parte desta sesión poden facelo de balde sempre que o notifiquen previamente (e con data límite no xoves, 28 de maio) mediante o envío dun email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (indicando nome, apelidos, data e título da charla).

O proceso de validación formativa para os alumnos dos Cursos FGB permanece activo tamén nesta ocasión, contabilizando a asistencia a esta “Aula Formativa” por un total de 4 HORAS de formación individual complementaria.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka