Deporte Galego

I Campus de Tecnificación e Clínic Baloncesto Cambre "Antonio Pérez Cainzos"

  • 10 Xullo 2013 |

O Club Baloncesto Cambre afrontará durante a vindeira semana que xa se achega un intenso programa formativo do que será principal protagonista Antonio Pérez Cainzos, adestrador en categorías LEB e en categorías de formación da Selección Española.

Caínzos, natural de Ferrol, será o encargado de dirixir e impartir un Campus de Tecnificación e un Clínic dirixido a adestradores, actividades ambas ás que non lle faltan atractivos.

I Campus de Tecnificación Baloncesto Cambre (Polideportivo Sofía Toro - Cambre)


Os días 16, 17 e 18 de xullo, en sesións de mañá e tarde, o adestrador ferrolán planificará e dirixirá persoalmente seis adestramentos de mellora técnico/táctica, orientados a xogadores e xogadoras nados entre os anos 1992 e 2000.

A cota para anotarse a este Campus será de 45 euros por participante, mentres que os xogadores do Club Baloncesto Cambre contarán cun desconto, resultando para eles o prezo da actividade en 36 euros.Igualmente, aqueles adestradores que o desexen poderán asistir a devanditos adestramentos, á vez que interactuar con Antonio Pérez ao remate de cada sesión de traballo.

A cota de asistencia para estes será de 10 euros, sendo validable a súa asistencia por un total de 3 horas de formación continua se son alumnos dos Cursos de Adestradores FGB

I Clínic Baloncesto Cambre "Monográfico Antonio Pérez Cainzos" (Polideportivo Sofía Toro - Cambre)

Pola súa banda, os días 20 e 21 de xullo, o primeiro día en xornada completa, e o segundo en sesión matutina, Antonio Pérez impartirá un Clínic monográfico, onde nos amosará a súa metodoloxía de traballo, tanto orientada para formación como para rendemento, e avalada pola súa ampla experiencia e éxito en ambos terreos.

O técnico galego explicaranos a súa experiencia metodolóxica tras o seu paso por Estados Unidos, onde puido traballar tanto como adestrador convidado en Denver Nuggets (NBA), como nas Universidades de DU e Metro State.

A cota de inscrición a este Clínic será de 30 euros por persoa, sendo validable a asistencia, neste caso, por 6 horas de formación continua para os alumnos dos Cursos de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto.

INSCRICIÓN AO COMPLETO

Xogadores
Asistencia a Campus: 45 euros
Asistencia a Campus (Xogadores Club Baloncesto Cambre): 36 euros

Adestradores
Asistencia a Campus: 10 euros
asistencia a Clínic: 30 euros
Asistencia a Campus e Clínic: 35 euros

No caso de asistir cinco adestradores con licencia nun mesmo club, unha das inscricións será de balde.

Para anotarse, ou xestionar calquera cuestión, Club Baloncesto Cambre mantén abertas dúas vías de comunicación: vía mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou a través do contacto telefónico: 615 294 585 - 627 836 118.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka