Deporte Galego

I Clinic Blusens Monbus-FGB "Desmontando ao Adestrador Axudante": horas de formación para os alumnos dos Cursos de Adestradores da FGB

  • 11 Xullo 2013 |

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto habilita a posibilidade de obter horas de formación para os alumnos dos seus Cursos de Iniciación, Nivel I e Nivel II a través da participación no I Clinic Blusens Monbus-FGB "Desmontando ao Adestrador Axudante".

Este novidoso evento formativo, organizado pola propia FGB e por Obradoiro CAB, reunirá en Compostela (Polideportivo de Santa Isabel) os vindeiros 26 e 27 de xullo a un carte de luxo composto por seis adestradores axudantes de primeiro nivel que abordarán diferentes temáticas:

- Hugo López (Real Madrid): "O scouting nun equipo que xoga dobre competición".

- Victor Pérez (Blusens Monbus): "O scouting do propio equipo".

- Chechu Mulero (Valencia Basket): "Técnica individual aplicada ao Pick and roll en xogadores exteriores".

- Gonzalo Rodríguez (Blusens Monbus): "Distribución de roles no corpo técnico", "Distribución do traballo en pista".

- Alessandro Magro (Montepaschi Siena): "Traballo individualizado enlazado co equipo".

- Miguel Calero (Asvel Villeurbanne): "Traballo para a mellora de técnica individual defensiva en novas promesas".

O traballo dos seis relatores dividirase nun programa que aquí se achega e a través do cal os alumnos dos cursos de adestradores FGB poderán obter 10 horas de formación se asisten durante as dúas xornadas de xeito completo ou catro horas se o fan só na data do venres, 26 de xullo.

Inscricións
Todos os interesados poderán formalizar a súa inscrición no Clínic de xeito presencial nas oficinas de Obradoiro CAB SAD, ou a través de internet vía correo electrónico á dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

A cota a ingresar para dar validez á inscrición é de 20 € para o público en xeral, aínda que seguindo a liña habitual de descontos e vantaxes, os abonados do Blusens Monbus e adestradores principais federados pagarán 15 € e os accionistas e adestradores axudantes con licenza na Federación Galega de Baloncesto tan só 10 €.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka