Deporte Galego

A oferta formativa FGB crece co “Obradoiro Específico de Minibasket”

  • 27 Abril 2015 |

A Parcela formativa FGB segue a fortalecer o seu mecanismo. Nesta liña, unha nova convocatoria para os adestradores galegos farase real este mesmo venres, 1 de maio.

Co Minibasket como núcleo e máxima referencia, e en forma de Obradoiro Teórico – Práctico, a FGB reunirá este venres en Vilagarcía de Arousa (Pavillón Instituto Carril) a catro experimentados adestradores superiores que actuarán como guía dunha xornada orientada, na súa base, á totalidade de alumnos dos Cursos de Iniciación da vixente temporada.

Cristino Menor (Director Deportivo en Estudiantes Lugo), Alberto Pérez (Seleccionador Galego Minibasket Masculino 14/15 e adestrador en Liceo Casino), Maísa López (na disciplina no C.B. Sarria) e Cuco Rodríguez (Preparador Físico en C.B. Arxil LF2) conformarán o equipo de técnicos que entre as 10:00 h e 14:00 h do citado venres outorgarán o carácter didáctico a un programa mixto, aula e pista. Gracias a eles, nesta novidosa cita non faltará o habitual e enriquecedor intercambio de experiencias do que, ademais, poderán ser testemuña todos os adestradores galegos que así o desexen.

Participación aberta
A Área Deportiva FGB estende a posibilidade de ser parte deste "Obradoiro Específico" a todos os técnicos da nosa Comunidade. O requisito a cubrir neste caso é a solicitude previa de asistencia mediante envío de mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Esta inscrición tramitarase completamente de balde.

O proceso de validación de HORAS de FORMACIÓN COMPLEMENTARIAS tamén estará activo nesta ocasión computando un total de SEIS horas para aqueles alumnos de Nivel 1 e Nivel 2 que participen do Obradoiro.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka