Deporte Galego

Conclúe con éxito o I Clinic “Desmontando ao Adestrador Axudante” coa participación de 141 adestradores

  • 30 Xullo 2013 |

O curso que organizaron, os días 26 e 27 de xullo, Obradoiro CAB e a Federación Galega de Baloncesto en Santa Isabel tivo unha gran acollida, pois ata 141 adestradores quixeron estar presentes no desenvolvemento dunha idea novidosa no baloncesto nacional.

Un total de 141 asistentes puideron gozar da primeira edición do clinic "Desmontando ao Adestrador Axudante" e no que participaron 6 ponentes de primerísimo nivel na súa especialidade, desde o baloncesto de élite. O cartel desta actividade, a primeira deste tipo que se realiza no territorio nacional, estivo formado polos seguintes adestradores: Hugo López (Real Madrid), Victor Pérez (Blusens Monbus), Chechu Mulero (Valencia Basket), Gonzalo Rodríguez (Blusens Monbus), Alessandro Magro (Montepaschi Siena) e Miguel Calero (Asvel Villeurbanne).

O director xeral do Blusens Monbus, José Luís Mateo, asegurou na inauguración do Clinic que "en todos os cursos de adestradores, actividades de formación, campus, etcétera, normalmente trátanse temas relacionados co xogo, técnicos ou tácticos, e coa faceta do primeiro adestrador, pero tamén existe unha labor moi importante nos equipos, e máis no baloncesto de agora, que é a dos adestradores axudantes, que cada vez teñen unha maior influencia sobre o xogo e o traballo dos equipos", apuntou.

"Ademais, a figura do adestrador axudante supón unha excelente saída profesional para os técnicos que empezan, hai poucas cadeiras de primeiro adestrador na élite e o posto de axudante pode ser unha magnifica xeito de chegar todo o máis alto e de converter o baloncesto nunha forma de vida", engadiu.

Para finalizar, deu as grazas a todos os colaboradores e deixou claro que a idea do Obradoiro é que este curso sexa o primeiro de moitos e que a partir de agora se convirta nun clásico da formación de adestradores no verán".

Durante os dous días que transcorreu o clinic, na primeira xornada os adestradores axudantes do Real Madrid e o Blusens Monbus, Hugo López e Víctor Pérez, respectivamente, foron os encargados dos primeiros relatorios do. Hugo López, actual axudante de Pablo Laso nas últimas catro tempadas, falou na súa conferencia de scouting. En concreto, da acumulación de traballo que teñen os adestradores axudantes naqueles clubs que xogan varias competicións simultáneamente. Pola súa banda, Víctor Perez, pechou este primeiro día aleccionando aos presentes co seu relatorio sobre o traballo de scouting, pero do propio equipo.

clinic entrenadores 3

Na segunda xornada, as conferencias proseguiron con máis adestradores de primeiro nivel. Chechu Mulero, adestrador axudante do Valencia Basket, baseou a súa conferencia sobre a Técnica individual aplicada ao Pick and roll en xogadores exteriores. Alessandro Magro (Montepaschi Siena), tratou o traballo individualizado enlazado co equipo e Miguel Calero, do Asvel Villeurbanne, mostrou o proposto este ano a nivel defensivo no ASVEL.

O encargado do último relatorio foi outro dos adestradores axudantes do club compostelano, Gonzalo Rodríguez. O santiagués explicou unha das labores que desenvolve no Blusens Monbus: "Distribución de roles no corpo técnico" e "Distribución do traballo en pista", aspecto fundamental e básico no esquema de traballo de Moncho Fernández.

Como colofón, o actual técnico do Blusens Monbus, Moncho Fernández, ademais de compartir a tarde cos asistentes puxo punto e final ao I Clinic "Desmontando ao Adestrador Axudante", na súa primeira edición. O santiagués destacou a importancia deste tipo de iniciativas por parte do club coa intención de que perdure no tempo.

O Blusens Monbus Obradoiro quere agradecer a participación, así como a axuda de todos os patrocinadores (Deporte Galego, CEGA Audiovisuales, Café de Altamira, Gráficas Garabal, Senande, NH Obradoiro e restaurante O Dezaseis) que dun xeito ou outro fixeron posible este Clinic.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka