Deporte Galego

A "Aula Formativa do Adestrador Galego" regresa en Semana Santa

  • 26 Marzo 2015 |

Carlos Maceiras, adestrador Superior e actual técnico en Blanco Amor Ourense, será o encargado de guiar a nova convocatoria deste proxecto.

O programa “Aula Formativa do Adestrador Galego” regresa á actualidade nestas datas coa programación dunha nova sesión didáctica orientada a todos os técnicos da nosa Comunidade. Contando coa presenza de Carlos Maceiras como temón desta proposta, o vindeiro día 1 de abril, na localidade de Verín, a Área Deportiva FGB organiza esta nova cita coa formación.

O Complexo Deportivo do Pavillón da Granxa acollerá nesa data, a partir das 18:00 h e ata as 21:00 h, a interesante intervención de Maceiras co eixo temático das “Secuencias de ataque colectivo en Iniciación” como referencia.

O Adestrador Superior, habitual colaborador deportivo da FGB en experiencias e actividades deste tipo, compartirá con todos os asistentes a súa notable e traballada experiencia nesta área, da que todos os presentes poderán debater se o desexan.

Inscrición
Respectando o proceder habitual de participación na "Aula Formativa do Adestrador Galego", os adestradores interesados en tomar parte da sesión do 1 de abril, poden facelo de balde, sempre que o notifiquen previamente (e con data límite no martes, 31 de marzo) mediante o envío dun email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (indicando nome, apelidos e data e título da charla).

O proceso de validación formativa para os alumnos dos Cursos FGB permanece activo tamén nesta ocasión, contabilizando a asistencia a esta “Aula Formativa” por un total de catro horas de formación individual complementaria.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka