Deporte Galego

Galicia, representada no “Clínic Internacional de Minibasquete” da ABP

  • 16 Marzo 2015 |

A Asociación de Adestradores de Porto (Portugal) contará con presenza galega nunha das súas actividades formativas máis próximas, o Clinic Internacional de Minibasquet, a celebrar na localidade de Gaia o vindeiro 21 de marzo e cuxa inscrición está aberta. 

Esta importante oferta formativa rexistra entre os seus atractivos unha dobre participación galega, a do Director Deportivo de Estudiantes de Lugo, membro da Escola Galega de Adestradores e do Claustro Docente FGB, Cristino Menor; e a de Carlos Vaqueiro, Adestrador Superior FEB afincado en Portugal e Coordinador Deportivo e actual responsable de Planificación das modalidades do FC Porto.

Ambos os técnicos galegos, sobradamente habilitados para ofrecer a súa perspectiva sobre minibasket, compartirán esta cita un cartel de auténtico luxo con Antonio Carrillo, Adestrador Superior FEB, Director Técnico, Coordinador e recoñecido formador catalán.

En conxunto, os tres convidados achegarán unha carta de contidos en torno ao Minibasket que supón unha excelente oportunidade de aprendizaxe no marco desta categoría, rompendo barreiras e orientándose a adestradores, profesores, monitores e mesmo pais ou afeccionados.

O Programa do “Clínic Internacional de Minibasquete” comprenderá a seguinte estrutura e horario:

21.03.2015 (Pav. Municipal de Gaia)

09.30 h – “O desenvolvemento de contidos no Minibasquet” - Parte I (8 e 9 anos)
ANTONIO CARRILLO

11:00 h – “O desenvolvemento de contidos no Minibasquet” - Parte II (10 e 11 anos)
ANTONIO CARRILLO

14:00 h – “Estratexias e modelos de captación de novos practicantes no Minibasquet"
CARLOS VAQUEIRO – FC PORTO

15:15 h – “Para ensinar: saber preguntar, saber responder”
CRISTINO MENOR - CLUB ESTUDIANTES DE LUGO

16:30 h – “Xogar en Mini. Xogar, aprender, competir, educar…posible?”
CRISTINO MENOR - CLUB ESTUDIANTES DE LUGO

Procurando proporcionar excelentes condiciones de participación, a organización facilitará a gravación integral do Clínic (en HD) a todos os participantes.

Inscrición 
Os técnicos galegos interesados en achegarse ao pais veciño para desfrutar dunha oportunidade de calidade como a deste “Clínic Internacional de Minibasquete” deben tramitar a súa inscrición enviando o correspondente mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Os datos obrigatorios a reflectir neste correo son: nome completo, enderezo electrónico, teléfono móbil, e lugar/club de procedencia.
Igualmente, deberán anexar o xustificante dixital de pago baixo os seguintes condicionantes:

Taxa de Inscrición: transferencia bancaria para o NIB (AB PORTO) 0007 0435 0001 0310 0000 2

Cota: 15€ ata o día 20.03.2015 o 20€ no propio día de celebración do Clínic.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka