Deporte Galego

Yago Casal visita a "Aula Formativa do Adestrador Galego"

  • 18 Febreiro 2015 |

O programa “Aula Formativa do Adestrador Galego” suma unha nova convocatoria este domingo, 22 de febreiro; (17:00 h) no marco da III Xornada de Harmonización do Minibasket Galego.

Preto de Compostela, nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, e como broche ao completo programa que a Área Deportiva FGB presenta para a “III Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”, contaremos coa presenza de Yago Casal como guía nunha nova sesión teórico-práctica da “Aula Formativa do Adestrador Galego”.

O actual técnico de Xuventude Baloncesto, que suma a súa segunda temporada na Adecco Prata ao cargo deste banquiño; afondará xunto aos adestradores que desexen participar sobre o “Facilitar a aprendizaxe do xogador en Minibasket”, temática directamente relacionada co Leitmotiv da xa indicada “III Xornada de Harmonización do Minibasket”.

Inscrición
Os adestradores interesados en achegarse á sede do Colexio Manuel Peleteiro (Monterredondo. Castiñeiriño s/n. 15702) e aproveitar esta nova oferta didáctica da man da Federación Galega, poden facelo de balde, sempre que o notifiquen previamente mediante o envío dun email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (indicar nome, apelidos e data e título da charla).

Así mesmo, no caso de que os adestradores sexan alumnos dos Cursos FGB terán ao seu alcance a posibilidade de validar a súa asistencia por catro horas de formación individual complementaria.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka