Deporte Galego

Víctor Pérez, nova colaboración para a "Aula Formativa do Adestrador"

  • 29 Xaneiro 2015 |

Regresa a Aula Formativa do Adestrador con nova e interesante convocatoria formativa para os adestradores galegos e gracias, neste caso, á colaboración do C.B. Arxil.

A iniciativa didáctica que a FGB pon ao alcance dos técnicos de toda a Comunidade para que amplíen as súas vías formativas chegará a Pontevedra (Instalación Deportiva Príncipe Felipe) o vindeiro domingo, oito de febreiro (17:30 h); cunha renovada sesión que correrá a cargo do adestrador axudante do Río Natura Monbus Obradoiro, Víctor Pérez.

O compostelán impartirá unha charla cuxa temática afondará no “traballo específico con xogadores interiores”, cuestión que se porá sobre a mesa para, gracias á súa experiencia, servir de aprendizaxe a todos os participantes. 

Inscrición
Os interesados en aproveitar esta ocasión de ampliar, de balde, a súa bagaxe didáctica deben notificalo previamente mediante o envío dun email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando nome, apelidos e título referencia da charla.

Así mesmo, no caso de que os adestradores participantes sexan alumnos dos Cursos FGB poderán validar a súa asistencia por catro horas de formación individual complementaria.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka