Deporte Galego

XXXIX Curso de Adestrador Superior: aberto o prazo de preinscrición

  • 29 Xaneiro 2015 |

- A Federación Española de Baloncesto, en colaboración coa Federación Aragonesa; pon en marcha o mecanismo do Curso Superior 2015, que de novo despregará a súa fase presencial na cidade de Zaragoza.

- Esta XXXIX edición do CES repite sede na capital maña, que xa foi escenario da actividade os pasados anos 2011, 2012 e 2014 rexistrando sempre notable satisfacción entre os participantes.

A Federación Española de Baloncesto abre a convocatoria do XXXIX Curso de Adestrador Superior, a celebrar na súa Fase non Presencial entre o 8 de abril e o 6 de xullo; e na súa etapa presencial entre o 12 e o 26 de xullo en Zaragoza.

Con carácter federativo de ámbito nacional, o Curso de Adestrador Superior 2015 conta cunha carga lectiva total de 750 horas, repartidas en catro fases, sumando un total de 325 horas de índole presencial e 425 restantes.

Fase a distancia: que se realiza por medio dun aula virtual on-line, correo electrónico e vía telefónica. Iniciase o 8 de abril e finaliza o 6 de xullo.

Fase presencial: realízase en Zaragoza entre os días 12 e 26 de xullo, en horario de 9 a 14 horas, de 17 a 21 horas.

Fase de proxecto final: iníciase o 1 de agosto, finalizando o 1 de decembro de 2015.

Fase de prácticas: iníciase o 1 de setembro finalizando o 28 de febreiro de 2016. Deberá realizarse nun centro de prácticas homologado pola FEB ou polas propias Federacións Autonómicas.

Primeiro paso: Preinscricións
Os adestradores galegos interesados en tramitar a súa participación no XXXIX Curso de Adestrador Superior deben enviar a súa preinscrición antes do vindeiro 4 de abril e a través da Federación Galega (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.).

Nos documentos de convocatoria oficial FEB que achegamos remítense todos os detalles (requisitos, validacións, cota e recomendacións) que son precisos para levar a cabo este primeiro proceso de preinscrición. Así mesmo, tamén se reflicte o formulario de solicitude de aloxamento, se interesase.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka