Deporte Galego

O “Claustro Docente FGB” suma nova convocatoria práctica

  • 18 Decembro 2014 |

A Área de Adestradores FGB apela de novo ao carácter dinámico e participativo dos adestradores galegos a través da 2º edición do seu “Claustro Docente”, configurado nesta ocasión desde unha perspectiva eminentemente práctica.

Elixindo o 27 de decembro como data para a súa celebración e localizando a xornada de actividades na vila de Cambados (Pavillón do Pombal), a FGB sube un chanzo na traxectoria deste proxecto didáctico nado en Lugo o pasado mes de xuño.

Desta volta, e contando coa presenza e apoio dos responsables zonais FGB e dos propios membros fundacionais do Claustro, a Federación Galega de Baloncesto ofrece a toda a familia de adestradores galegos a posibilidade de ser testemuñas activas dun programa de actividades creado ex profeso para a ocasión.

Adestramentos e Obradoiros
O 2º “Claustro Docente FGB” contará coa presenza dun quinteto de adestradores encargados de plasmar na pista a súa valía formativa baixo o epígrafe común “Adestrando e Aprendendo”.

Serán César Iglesias (Seleccionador Galego Cadete Masculino), Manuel Felpeto (Coordinador de base en Xuventude Baloncesto), Cristino Menor (Director Deportivo Club Estudiantes Lugo) Carlos Maceiras (Club Blanco Amor Ourense) e Cuco Rodríguez (Axudante Selección Galega Cadete Masculina) os responsables de cada unha das actividades do programa, o cal pode consultarse ao completo no documento que se achega.

Os cinco contarán coa colaboración de xogadores e xogadoras chegados de toda Galicia e estarán abertos á análise e debate co público que desexe participar.

Requisitos de Inscrición e participación
O 2º “Claustro Docente FGB” presenta dúas vías de acceso para os adestradores galegos, animando a todos a vivir en primeira persoa este paso adiante do proxecto.

En primeira instancia, configúrase como unha actividade de carácter obrigatorio para os alumnos dos Cursos de Nivel 1 e Nivel 2 realizados en xullo de 2014. Considerando este “Claustro Docente Práctico” como parte da súa formación complementaria, deberán asistir e confirmalo a través do email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Este grupo de técnicos será convidado a xantar pola Federación Galega de Baloncesto.

A segunda posibilidade de inscrición abrangue aos adestradores galegos que desexen formar parte da xornada e non cumpran o requisito anterior. Neste caso poderán inscribirse igualmente vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) previo abono dun importe de 10 euros, correspondente ao xantar. (Conta “la Caixa”: ES96 2100 1455 14 0200227406).

A data límite para levar a cabo este trámite (enviando xustificante de pago) establécese no 26 de decembro. Recordar aos adestradores que se atopen nesta tesitura, que a súa presenza poderá validarse por 12 horas de formación complementaria FGB.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka