Deporte Galego

O “Claustro Docente FGB” abre as portas da súa 2º convocatoria

  • 10 Decembro 2014 |

O tramo decisivo do presente 2014 trae consigo o peche das actividades anuais para a Área Deportiva FGB, cuxo broche chegará coa celebración da 2º xornada do “Claustro Docente FGB”, evento dirixido a todos os adestradores galegos e que, desta volta, ubicará a súa sede na vila de Cambados.

Neste marco, o vindeiro 27 de decembro o Pavillón do Pombal será o escenario dun completo programa de sesións e charlas guiadas por recoñecidos técnicos e para as cales estará aberta a participación.

Baixo o título “ADESTRANDO E APRENDENDO” a Área Deportiva FGB realiza esta convocatoria, dotándoa dun espírito eminentemente práctico e confiando en repetir de novo o éxito da primeira edición do “Claustro Docente”, celebrada el Lugo no pasado mes de xuño.

En plena etapa de culminación de detalles e puntos concretos do programa, adiantamos as bases principais do mesmo, as cales iremos completando a medida que se aproxime a data.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka