Deporte Galego

"Aula Formativa do Adestrador Galego": cita en Carballo con Lino López

  • 05 Decembro 2014 |

O actual adestrador do Universitario Ferrol en Liga Feminina, o galego Lino López súmase a nómina de técnicos que colaboran coa Federación Galega de Baloncesto na súa "Aula Formativa do Adestrador Galego".

O líder do banquiño no equipo da cidade departamental impartirá unha sesión no marco deste programa didáctico. A cita, coas “Obrigas dun base: comprensión e aplicación ao xogo” como núcleo temático, terá lugar o vindeiro 14 de decembro (17:00 h) na vila de Carballo.

Coa colaboración de EB Xiria, CB Artai e do Concello de Carballo a través de “Carballo Deporte”, abriranse as portas do Pavillón Zona Escolar para todos aqueles adestradores que desexen achegarse a participar de xeito activo da sesión de Lino.

Os interesados en asistir deberán cumprir o trámite previo da súa inscrición na actividade, enviando un email cos seus datos e título da charla a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Salientar a posibilidade para os alumnos dos Cursos de Adestradores da FGB de validar a súa participación nesta nova charla da Aula Formativa do Adestrador Galego por un total de 4 HORAS DE FORMACIÓN.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka