Deporte Galego

A Delegación Viguesa súmase á oferta formativa para adestradores

  • 01 Decembro 2014 |

A Delegación Zonal FGB en Vigo, seguindo os pasos xa marcados pola súa homónima en A Coruña, abre convocatoria para a celebración no presente mes de decembro dun novo curso de iniciación orientado a adestradores.

Neste caso as datas para a posta en marcha das aulas e sesións didácticas son: o 27, 28, 29 e 30 de decembro, mañá e tarde. Ao longo destes catro días completos levaranse a cabo as 32 horas lectivas precisas que esixe este nivel académico, o cal contará ademais cun profesorado de calidade.

A dinámica da convocatoria e do propio curso será a marcada pola Área Deportiva FGB para este estadio de iniciación, debendo consultar os interesados os requisitos concretos, tanto para a solicitude de inscrición como para a posterior parte presencial da actividade.

As persoas decididas a tramitar a súa participación ou consultar as súas dúbidas sobre esta nova convocatoria poden facelo xa a través da propia delegación zonal: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Igualmente, nos documentos que achegamos remítense o formulario de inscrición e as indicacións para levar a cabo o proceso de matrícula.

REQUISITOS

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka