Deporte Galego

Decembro, data para a iniciación de adestradores na Delegación de A Coruña

  • 25 Novembro 2014 |

A Zonal FGB en A Coruña vén de establecer convocatoria para un novo curso de iniciación orientado a adestradores. A Delegación impartirá esta formación, completando as correspondentes 32 horas lectivas, ao longo dos vindeiros días 19 (en quenda de tarde), 20, 21 e 22 de decembro (en horario de maña e tarde).

Coa estrutura habitual establecida para a formación en iniciación, cuxos principais requisitos poden consultarse na documento oficial que achegamos, a área técnica zonal abre tamén a posibilidade de recibir solicitudes de inscrición.

Todos aqueles interesados en dar o seu primeiro paso neste campo didáctico poden facer chegar o seu formulario de inscrición, ou as súas dúbidas previas sobre a convocatoria, a través do enderezo de contacto Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

A sede concreta de celebración do curso, así como o profesorado encargado de cada materia serán comunicados a medida que se achegue a data de inicio da actividade.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka