Deporte Galego

Nace “AEEB GALICIA”: un novo horizonte didáctico para os técnicos galegos

  • 21 Octubre 2014 |
AEEB Galicia emerxe baixo a rúbrica de Francisco Martín e Juan María Gavaldá
AEEB Galicia emerxe baixo a rúbrica de Francisco Martín e Juan María Gavaldá

Federación Galega de Baloncesto e Asociación Española de Adestradores de Baloncesto camiñan da man desde o presente mes de outubro. Coa confianza dos máximos responsables de ambas entidades, Federación e Asociación dan saída a un convenio de estreita colaboración que baixo a denominación “AEEB Galicia” amplía vías de traballo e evolución para os técnicos de toda Galicia

No marco deste novo acordo, AEEB e FGB unen forzas teóricas e prácticas para dar a coñecer entre os adestradores galegos os obxectivos da Asociación, abrindo renovadas posibilidades formativas a través da gran oferta didáctica que abarcan as actividades desta.

A área de Adestradores da FGB, e todos os técnicos galegos que a conforman, pasarán a ser unha peza importante para o traballo da AEEB na nosa Comunidade. A vinculación entre a Federación e a Asociación Española de Adestradores de Baloncesto deparará pois gratas novidades no campo formativo.

Altas expectativas
Ilusionados e confiados no horizonte positivo deste acordo, os representantes de FGB e AEEB deixaron claros os seus obxectivos na rúbrica do mesmo.

Francisco Martín, Presidente FGB; destacou a cristalización, a través deste convenio, da intención federativa de "dar un paso máis no que á oferta formativa para os adestradores galegos se refire”.

“A programas xa activos como a Plataforma do Adestrador Galego, o Claustro Docente e a Aula do Adestrador, engadimos agora maiores posibilidades a través deste acordo coa AEEB. Grazas ao mesmo os técnicos galegos terán á súa disposición novas e eficaces ferramentas para avanzar na súa formación”, manifestou.

A cabeza visible da FGB destacou á súa vez a importancia deste novo ámbito de actuación para aqueles homes e mulleres que se están iniciando como adestradores e que atoparán agora “un escenario punteiro para entrar en contacto, de xeito directo, cos compañeiros e profesionais de máis alto nivel”.

Pola súa banda, e satisfeito coa acollida deste acordo por parte da Federación Autonómica, amosouse o presidente AEEB, Juan María Gavaldá, quen non dubidou en afirmar que o proxecto “AEEB Galicia” nace entre as mellores expectativas e para “sumar a todo o bo que se fai xa na Comunidade e a través da Federación”.

“Queremos axudar a que todo o que o adestrador hoxe en día aquí en Galicia está desenvolvendo. Primeiro para que poida mellorar na súa formación e segundo que poida coñecerse no ámbito nacional e, por suposto, ata internacional todo o que se está facendo”, concluíu.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka