Deporte Galego

Lucas Mondelo e Miguel Ángel Pérez, protagonistas na estrea da Aula Formativa do Adestrador Galego 2013 - 2014

  • 04 Setembro 2013 |

A "Aula Formativa do Adestrador Galego" terá na XXVIII edición da Fase Final da Copa Galicia (21 e 22 de setembro, Pavillón Multiusos Fontes do Sar) un marco de excepción para levar a cabo as súas dúas primeiras convocatorias da temporada 2013 - 2014.

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB, impulsores, por segunda temporada, do proxecto "Aula Formativa do Adestrador Galego", e co organizadores da Fase Final da Copa Galicia, acompañarán os encontros de semifinais e final desta cita de dúas charlas formativas de auténtico nivel, a celebrar na pista auxiliar do Multiusos Fontes do Sar.

O actual campión de Europa coa Selección Española Sénior Feminina e adestrador do Shanxi Xing Rui Flame chino, Lucas Mondelo; e o Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Colexiado Internacional FIBA e Adestrador Superior, Miguel Ángel Pérez, serán os protagonistas de dous coloquios, que servirán de previa a cada xornada de xogo:

Pautas Árbitrais nas Ligas FGB
O máximo representante dos colexiados galegos, Miguel Ángel Pérez; empregará o sábado, 21 de setembro, ás 16.00 h, toda a súa experiencia internacional e nacional, con 14 temporadas ACB ás súas costas, para compartir cos participantes "o criterio arbitral nas competicións FGB". Adestradores, colexiados e afeccionados poderán presentar as súas inquedanzas ao Director Técnico do CGAB, a mellor referencia para coñecer as vixentes pautas arbitrais.

Lucas Mondelo, cos Adestradores Galegos
O domingo, 22 de setembro, como paso previo á gran final da Copa, será a quenda do actual Seleccionador Sénior Feminino, Lucas Mondelo. A Intervención do adestrador catalán iniciarase ás 10.00 h e versará sobre "como penalizar o scouting: alternativas e detalles no xogo ofensivo". Toda unha oportunidade de coñecer de primeira man as impresións do técnico europeo co mellor palmarés dos últimos anos.

Inscrición e Validación
Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB volven a abrir, de xeito gratuíto, a participación nas actividades da Aula Formativa do Adestrador Galego. Deste xeito, os interesados en tomar parte desta inauguración da temporada unicamente deberán solicitar a súa presenza a través do email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., especificando nome, apelidos, DNI e se asistirán a unha ou ás dúas charlas programadas.

A validación de horas de formación para os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB volve tamén a estar presente na Aula Formativa 2013 - 2014, concedendo, neste caso, tres horas de formación pola asistencia a cada coloquio.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka