Deporte Galego

“Adestrador Galego”: unha marca con valía para a alta competición

  • 03 Octubre 2014 |

Unha temporada máis chegou o momento. Esta fin de semana ábrese o pano no escenario do Basket Sénior Masculino de alta competición e, de novo, Galicia estará representada no apartado técnico con notable acento. E desta volta, se cabe, con máis eco que nunca.

Liga ENDESA
Murcia e Compostela gozarán nesta 2014 – 2015 dun vínculo especial en liga ACB, compartindo protagonismo grazas a catro dos nosos mellores adestradores autonómicos do panorama actual.

Ao consolidado equipo formado por Moncho Fernández, Gonzalo Rodríguez e Víctor Pérez, que afrontana súa 4º temporada consecutiva en Obradoiro CAB, súmase o debut do ourensán Diego Ocampo como primeiro adestrador en ACB.

Ocampo, perfecto coñecedor da Liga ENDESA, salta co UCAM Murcia á primeira liña do banquiño nesta categoría. Faino tras sete temporadas como segundo adestrador nas casetas de Girona e Cajasol e unha dilatada experiencia en seleccións de formación FEB.

Sobre o papel, tanto a traxectoria como o respecto ao traballo e a paixón polo baloncesto dos catro galegos en ACB fannos prever que a marca “adestrador galego” dará que falar. Para comezar a comprobalo gozaremos este sábado e domingo, 4 e 5 de outubro, da primeira oportunidade.

LIGAS FEB
Se baixamos a vista cara as competicións FEB, Galicia segue de noraboa. O grupo de adestradores galegos con presenza nas principais ligas masculinas da Federación Española de Baloncesto segue a representar un bo espello no que mirarse.

Se ao fronte de Leyma Básquet Coruña e Ribeira Sacra Breogán continuan Tito Díaz e Lisardo Gómez, respectivamente; nesta 2014 -2015 teremos que desviar tamén a atención cara Logroño. Nesta cidade, e coa máxima ilusión polo proxecto, traballa o ferrolán Antonio Pérez. O seu Cocinas.com forma parte xa dos equipos Adecco Oroo a seguir co máximo interese.

Pero Tito Díaz, Lisardo Gómez e Antonio Pérez non están sos na tarefa de revalorizar a etiqueta de “adestrador galego” en categorías FEB. Non debemos esquecer a continuidade que representa en Cambados Yago Casal ao fronte do Xuventude Baloncesto (Adecco Prata). A 2014 - 2015 será a súa segunda temporada consecutiva nesta categoría e a cuarta no seu haber particular dentro do club.

Igualmente, dende hoxe mesmo, deberemos estar ben atentos ao papel dos técnicos galegos que dende a figura de axudantes colaborarán, sen dúbida, a enriquecer o tecido do Baloncesto Galego. Así, os nomes de Miguel González (Club Ourense Baloncesto), Kike Fraga (Ribeira Sacra Breogán), Rubén Vázquez (Cocinas.com), Javier Muñoz (Club Melilla Baloncesto) Charly Uzal (Básquet Coruña), Sergio Cubeiro (Marín PeixeGalego) e Javier Santos (Xuventude Baloncesto) forman parte desta particular segunda liña á que seguirlle a pista de preto.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka