Deporte Galego

I Clinic Basket Ribadulla

  • 25 Setembro 2014 |
O adestrador axudante do Rio Natura Monbus Obradoiro, Víctor Pérez, impartirá o próximo 5 de outubro o I Clínic Basket Ribadulla, sesión didáctica a celebrar no pavillón municipal da localidade de Vedra grazas ao impulso do Concello de Vedra e do propio Basket Rivadulla, contando ademáis coa Federación Galega de Baloncesto como colaboradora.  
 

Cunha intervención que leva por título “Filosofía e metodoloxía do contraataque”, de 18.00 h a 21.00 h, o técnico santiagués compartirá cos asistentes a súa ampla experiencia no campo indicado. 

Os adestradores presentes poderán intercambiar con Víctor diferentes cuestións e, á súa vez, terán a oportunidade de validar a súa participación neste “I Clínic Básket Ribadulla” por TRES HORAS DE FORMACIÓN CONTINUA se son alumnos actuais dos Cursos FGB. 
 
Os interesados en asistir deben ingresar antes do vindeiro mércores, 1 de outubro, a súa matrícula, valorada en 5 euros, na conta BBVA: 0182 5948 60 0201539789. No concepto deberán especificar nome, apelidos e club de procedencia.
volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka