
campus - clubs
8º Campus de Verán 2012 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia 30/05/2012Durante a semana do 2 o 8 de xullo do 2012 celebrarase nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo o 8º Campus de Baloncesto 2012 organizado unha temporada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos.
Este campus ofrecerá, por oitavo ano consecutivo, ademais dunha completa formación deportiva que contará con contidos de inicicación e de perfeccionamento que correrá a cargo de adestradores e de adestradoras de contrastada experiencia, un amplo abano de oportunidades de ocio, cultura e deporte.
As xornadas desenvolveranse na Cidade Universitaria de Vigo entre as 10:00 horas e as 19:30 horas. As instalacións ofrecerán múltiples oportunidades de establecer contacto con outros deportes e actividades físicas ao contar cunha pista polideportiva cuberta, unha piscina olímpica, un campo de herba sintética e un campo de herba natural.
Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores e monitores do Club Baloncesto Seis do Nadal e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións. Todos os deportes e actividades alternativas serán impartidas durante o campus por entidades e clubs especializadas conseguindo o obxectivo de ofrecer o mellor producto deportivo e de lecer.
Inscrición
Para formalizar a inscrición do campus é necesario enviar a folla de inscrición, o xustificante do ingreso e fotocopias do DNI e da cartilla da seguridade social antes do xoves 28 de xuño do 2012 a través do número de fax 986227275 ou a través do correo electrónico baloncestoseisdonadalcoia@
© Federación Galega de Baloncesto 2007