Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

novas

MINIBASKET

En marcha a organización do IX DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET 08/05/2012

- O Grupo Correo Gallego organiza, en colaboración coa Federación Galega de Baloncestoe co Concello de Santiago, unha nova edición (IX) do DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET, cita que terá lugar o vindeiro 9 de xuño, no pavillón Multiusos Fontes do Sar. 

- Este ano poderán participar todos os equipos de Galicia formados por nenos e nenas nados no ano 2000 e posteriores, cun máximo de 12 xogadores e 2 adultos por equipo.

- Todos os equipos disputarán dous encontros, un de mañá e outro de tarde, e poderán participar en xogos, en concursos de habilidade e noutras actividades con monitor.

Na presente edición, debido as dificultades de financiamento, e co fin de manter activo este encontro deportivo, a organización vese na necesidade de solicitar una cota de participación de 60 € por equipo para axudar a cubrir os gastos do evento.

Para preinscribirse terán que remitir, antes do día 14-05-2012 a folla de preinscrición anexa (unha por cada equipo) debidamente cuberta ao número de fax 981-543804 ou ao enderezo electrónico minibasquet@elcorreogallego.es. A presenza dunha dirección electrónica de contacto no formulario de inscrición será vital para facilitar as comunicacións. 

Unha vez recibida a preinscipción confirmaráselle a participación de cada equipo. Deberá facerse o ingreso na conta nº 2080 0300 89 3040142102, indicando o nome completo do equipo e enviar o resgardo de pagamento para facer efectiva a inscrición. Pola limitación propia das instalacións, o número de participantes é limitado e a inscrición realizarase por estrita orde de chegada.

O Grupo Correo Gallego organizará o transporte e a manutención de todos os participantes. Nesta liña, a organización resérvase o dereito de excluír, o mesmo día 9, a todos os equipos que non estean na idade establecida. Unha vez finalizada a inscrición informarase ós equipos do percorrido dos autobuses que farán os traslados.


© Federación Galega de Baloncesto 2007