Ferrol deulle este mércores, 20 de setembro; a benvida a unha nova Fase Final da Copa Galicia Sénior Feminina.  Esta competición, que neste 2017, celebra a súa XXXI edición, regresa á cidade de Ferrol, veña coñecida da mesma, para desputar a súa final nunha cita que terá lugar o domingo 24; ás 12.00 h, e protagonizada polo anfitrión, Star Center Universitario Ferrol e por R.C. Celta Zorka.

A XXXII edición da Copa Galicia Sénior Masculina presenta este ano un aliciente especial. Da man de Concello de Marín e C.B. Peixefresco Marín, e coa colaboración do Comité Galego de Árbitros; durante a fin de semana cobrará vida a MiniCopa Galicia.

A Selección Española culminou este domingo a súa participación no Eurobasket 2017 cunha meritoria medalla de bronce coa que render a homenaxe perfecta ao seu capitán Juan Carlos Navarro non que foi ou último encontro coa camiseta do equipo.

O Comité Galego de Árbitros, da man da área de Adestradores FGB, programan, a partir deste martes, unha serie de charlas explicativas coas actuaisRegras de Xogo e as súas modificacións como eixo central.

O Comité Galego de Árbitros abre prazo de inscrición para a segunda convocatoria da temporada da formación online para a iniciación no mundo da arbitraxe.

A Dirección Deportiva FGB presenta a súa programación para as importantes parcelas das Seleccións Galegas e o Programa de Detección e Control Técnico na presente temporada 2017 - 2018.

Comprendido dentro do Clínic Arbitral de Pretempada que comeza o vindeiro día 2 de setembro, o CGAB ofrecerá unha charla para Adestradores.

Rematado o prazo de inscrición este mesmo luns, 31 de xullo; ás 13.00 h; a Federación Galega de Baloncesto comunica, vía circulares oficiais, os listados de equipos que presentaron a súa solicitude nas categorías de: 1ª División Masculina, 1ª División Autonómica Feminina, 2ª División Sénior Masculina e 1ª División Júnior, Cadete, e Infantil masculinas e femininas

A Federación Galega de Baloncesto comunica o seu apoio ao Club Baloncesto Peixefresco Marín no actual estado de exclusión do seu equipo, por parte da Federación Española de Baloncesto, na lista de clubs admitidos na Liga LEB Prata 2017 - 2018.

Zaragoza volverá a ser desde este domingo, 16 de xullo; a sede do Curso de Adestrador Superior, cuxa fase presencial se estenderá ata o día 30 de xullo.

A Presentación oficial da XXXII Copa Galicia Sénior Masculina, celebrada este mércores, 20 de setembro; no Pavillón da Raña (Marín); deixounos as seguintes impresións dos seus protagonistas, todos apoiando á celebración, esta fin de semana na propia de Vila de Marín, da Copa Galicia Sénior Masculina e da Minicopa. 

RESERVA AQUÍ AS TÚAS ENTRADAS PARA A FASE FINAL

 

Copa Galicia: Calendario Fases Finais Sénior

Mércores, 20 Setembro 2017 08:10

A Copa Galicia xa coñece o cadro completo das súas Fases Finais Sénior, Masculina e Feminina. Pechada na noite do martes, 19 de setembro; a fase previa en ambas as categorías, a identidade dos protagonistas que obteñen a súa clasificación e que darán vida á competición buscando un novo título de Copa recae nas mans dos xa semifinalistas C.B. Breogán (1º clasificado fase previa masculina) e Club Ourense Baloncesto (2º clasificado fase previa masculina); e R.C. Celta (1º clasificado fase previa feminina). Cun posto na final agardan tamén Star Center Universitario Ferrol e Monbus Obradoiro

A Federación Española de Baloncesto fixo público este mércores; 13 de setembro; a lista de calificacións dos adestradores participantes no XLI Curso de Adestrador Superior 2017, ano con récord de participación e de resultados positivos para Galicia.

A "Aula Formativa do Adestrador Galego” xa ten data para a súa primeira cita da temporada. Cun programa triple de charlas, esta plataforma didáctica da área de Adestradores FGB viaxará o vindeiro sábado, 16 de setembro; a Vilagarcía de Arousa (Pavillón Fexdega), grazas á colaboración de Concello de Vilagarcía, CLB e C.B. Vilagarcía. 

Arrinca a temporada para Galicia

Xoves, 07 Setembro 2017 16:21

Primeiro Paso na traxectoria das Seleccións Galegas 2017 – 2018. As categorías infantil e cadete, no status de preselección, afrontan a súa primeira convocatoria da temporada baixo as ordes dos novos cadros técnicos responsables desta tarefa.

Clinic Memorial Quino Salvo

Mércores, 30 Agosto 2017 16:01

O vindeiro Sábado día 2 de setembro, entre os diversos actos que se celebrarán con motivo do II Memorial Quino Salvo na cidade olívica, levarase a cabo un Clinic.

O Comité Galego de Árbitros abre o ciclo formativo online para a temporada 2017 – 2018. Un total de nove convocatorias para o Curso de iniciación protagonizarán este ano a súa faceta didáctica, iniciando o primeiro deles o vindeiro mes de setembro.

O 3on3 Carneiro ó Espeto celebrou na xornada do mércores un dos momentos máis especiais para o pobo de Moraña. A presentación do evento foi a posta en marcha dun torneo que vivirá o seu momento máis álxido este venres, coa celebración de máis de 80 partidos e a participación de ao redor de 150 xogadores que vibran cunha modalidade que recentemente foi nomeada olímpica.

A Federación Española de Baloncesto fixo públcias este mércores as listas da Operación Talento 2004 – 2005, combinados que non entrarán en competición oficial pero que xa afrontarán a súa primeria experiencia en modo concentración.

A colexiada galega Paula Lema participa estes días na 11º edición do FIBA EUROPEAN WOMEN’S BASKETBALL SUMMIT, campus creado en 2007 no que se reúnen xogadoras, adestradoras e árbitras con notable proxección.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.